Novas
de Rabal
|
Magosto
11-11-09
Xa esta aquí o magosto e como todos os anos
enchémonos de castañas e cogomelos,
especial sona en Rabal teñen os Rocos (Vexase a
fotografía). Por outra banda, continúan as obras
de construción da praia fluvial e dende Rabalexo.es
querémosvos ensinar como transcorren as obras é
os cambios na paisaxe que se dan, fai clic aquí .
|
Comezaron
as obras
22-10-09
Xa comezaron as obras para comberter o parque do
rio nunha praia fluvial, dende rabalexo.es esperamos que as obras sexan
para ir a mellor e manterémosvos informado do estado destas
|
Mais
vale tarde ca nunca
20-10-09
Por fin xa esta preparado o álbum de fotos da malla e da
carrexada de aquel día de agosto
onde todo o pobo se xuntou para "traballar" e comer en
comunidade, espero que disfrutedes destas fotos .
|
Incendio
en Rabal 15-08-09
Esta semana houbo un incendio en Rabal, na zona
dos Parroeiros entre Rabal e Vilarello, pero grazas os bombeiros foi
apagado rapidamente,
para a extinción do incendio fixeron falta: 2
camións motobombas, 7 cuadrillas e 1 helicóptero
|
Novas
en Rabalexo.es.
24-7-09
Antes de nada dende Rabalexo.es quixeramos pedir
perdón por
o fallo técnico que tivo durante as ultimas dúas
semanas roto o enlace de Rabalexo.es, dito isto, temos dúas
actualizacións que contarvos, a primeira é que xa
están a vosa disposición novos
fondos de pantalla
pera por no voso escritorio, a segunda que xa esta na rede o álbum
da seitura que se fixo no pobo a finais de
xuño
|
|
|
A
seitura na galega.
29-6-09
|
Celebrase
a procesión de San Antonio.
15-6-09
Como xa e costume, o dia 13 de Xuño,
os veciños
da aldea percorreron o pobo guiados pola figura de San Antonio, segundo
patrón de Rabal
|
1ª
Seitura e malla tradicional en Rabal.
2-6-09
Xa esta todo preparado para a
celebración sa 1ª
seitura e malla tradicional en Rabal, en donde se recreara o traballo
da sega dos cereais como antigamente, calquera que queira mais
información sobre o programa ou desexe que se lle responda a
algunha duda que escriba no foto
|
Estamos
na Wikipedia.
1-6-09
Para poder darlle mais forza e sona o noso pobo
dende fai uns dias tamén aparece Rabal na wikipedia, tanto
en galego
como en castelán
|
Primeiro
aniversario da nova paxina de Rabal.
31-5-09
Parece que foi onte pero xa fai un ano que votou
a andar esta nova
aventura da paxina de Rabal. Neste tempo xa recibimos mais de 5000
visitas e a nosa aldea foi vista en 21 países
(España, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos,
México,Portugal, Venezuela, Suíza, Irlanda,
Panamá, Francia, Colombia, Gran Bretaña, Brasil,
Chile, Italia, Dinamarca, Australia, Perú, Uruguai,
Colombia) Esperamos que dentro de un ano podamos celebrar o segundo
aniversario cuns datos inda mellores
|
Novo
álbum de Rabal.
2-5-09
Xa esta na rede o novo álbum de Rabal
, con 53 fotos a toda cor, dos veciños e dos lugares do
pobo, para gozo de rabalexos e foráneos,
|
Aprobado
no BOE a praia fluvial de Rabal.
25-3-09
Segun o BOE 66 de 18/3/2009 procederase a
mellora da área
recreativa coa mellora do acceso o río mediante empedrado,
executarase unha barreira desmontable e a elevación dos
lindes con escollera, adecuaranse os sendeiros e procederase a limpeza
selectiva do cauce e das marxes en varios regatos xunto coa retirada de
sedimentos
|
Novo
servizo de fotografía por satélite .
7-3-09
Hoxe abrímoslle as portas na nosa web
a un novo servizo de fotografía por
satélite para poder ver
todos os recunchos deste fermoso pobo
|
Novo
álbum de fotos antigas.
9-2-09
Por fin xa podedes disfrutar de 8
novas fotos na sección de "Fotos Antigas",
encóntranse na terceira paxina
desta sección e esperamos que todos disfruten delas
|
Pequena
riada do Támega .
8-2-09
Onte dia 8 de febreiro o Támega
provocou unha pequena
asolagación nos terreos próximos o rio. Inda que
inundación foi moito mais pequena que as que perduran nas
nosas memorias hai que ter en consideración que xa
facía algúns anos que este feito non se
producía
|
Arranxan
a poste da luz do fondo do pobo.
25-1-09
Esta semana foi arranxado un poste da luz no
fondo do pobo que levaba
tempo medio caído. Isto foi posible grazas as queixas que un
gran numero de veciños lle transmitiron o alcalde sobre o
perigo que supuña tanto o grado de inclinación
que tiña o poste como o cerca que quedaban os cables do
solo
|
Neva
en Rabal
10-1-09
Este venres pola maña caeu unha
copiosa nevada no noso pobo,
co afán de que todos podamos gozar desta marabillosa estampa
xa están subidas a rede as mellores pasaxes de Rabal nevado
|
Patrocinadores da Festa
de Rabal 31-12-08
Temos boas novas para este final de ano, a
paxina web de Rabal
conseguiu patrocinadores
para as festas, podédelos encontrar
na sección servicios (arriba na marxe esquerda).
Tratase dunha serie de anuncios, por cada click que
fagades nestes anuncios donaran
unha pequena cantidade de diñeiro para a festa
|
Bo
nadal
22-12-08
Dende a paxina web de Rabal queremos desexarvos
unhas felices festas
|
|
|
|
|
|
|
|
|