Como xa e costume, o dia 13 de Xuño,
os veciños
da aldea percorreron o pobo guiados pola figura de San Antonio, segundo
patrón de Rabal
1ª
Seitura e malla tradicional en Rabal.
2-6-09
Xa esta todo preparado para a
celebración sa 1ª
seitura e malla tradicional en Rabal, en donde se recreara o traballo
da sega dos cereais como antigamente, calquera que queira mais
información sobre o programa ou desexe que se lle responda a
algunha duda que escriba no foto
Estamos
na Wikipedia.
1-6-09
Para poder darlle mais forza e sona o noso pobo
dende fai uns dias tamén aparece Rabal na wikipedia, tanto
en galego
como en castelán
Primeiro
aniversario da nova paxina de Rabal.
31-5-09
Parece que foi onte pero xa fai un ano que votou
a andar esta nova
aventura da paxina de Rabal. Neste tempo xa recibimos mais de 5000
visitas e a nosa aldea foi vista en 21 países
(España, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos,
México,Portugal, Venezuela, Suíza, Irlanda,
Panamá, Francia, Colombia, Gran Bretaña, Brasil,
Chile, Italia, Dinamarca, Australia, Perú, Uruguai,
Colombia) Esperamos que dentro de un ano podamos celebrar o segundo
aniversario cuns datos inda mellores
Novo
álbum de Rabal.
2-5-09
Xa esta na rede o novo álbum de Rabal
, con 53 fotos a toda cor, dos veciños e dos lugares do
pobo, para gozo de rabalexos e foráneos,
Aprobado
no BOE a praia fluvial de Rabal.
25-3-09
Segun o BOE 66 de 18/3/2009 procederase a
mellora da área
recreativa coa mellora do acceso o río mediante empedrado,
executarase unha barreira desmontable e a elevación dos
lindes con escollera, adecuaranse os sendeiros e procederase a limpeza
selectiva do cauce e das marxes en varios regatos xunto coa retirada de
sedimentos
Novo
servizo de fotografía por satélite .
7-3-09
Hoxe abrímoslle as portas na nosa web
a un novo servizo de fotografía por
satélite para poder ver
todos os recunchos deste fermoso pobo
Novo
álbum de fotos antigas.
9-2-09
Por fin xa podedes disfrutar de 8
novas fotos na sección de "Fotos Antigas",
encóntranse na terceira paxina
desta sección e esperamos que todos disfruten delas
Pequena
riada do Támega .
8-2-09
Onte dia 8 de febreiro o Támega
provocou unha pequena
asolagación nos terreos próximos o rio. Inda que
inundación foi moito mais pequena que as que perduran nas
nosas memorias hai que ter en consideración que xa
facía algúns anos que este feito non se
producía
Arranxan
a poste da luz do fondo do pobo.
25-1-09
Esta semana foi arranxado un poste da luz no
fondo do pobo que levaba
tempo medio caído. Isto foi posible grazas as queixas que un
gran numero de veciños lle transmitiron o alcalde sobre o
perigo que supuña tanto o grado de inclinación
que tiña o poste como o cerca que quedaban os cables do
solo
Neva
en Rabal
10-1-09
Este venres pola maña caeu unha
copiosa nevada no noso pobo,
co afán de que todos podamos gozar desta marabillosa estampa
xa están subidas a rede as mellores pasaxes de Rabal nevado
Patrocinadores da Festa
de Rabal 31-12-08
Temos boas novas para este final de ano, a
paxina web de Rabal
conseguiu patrocinadores
para as festas, podédelos encontrar
na sección servicios (arriba na marxe esquerda).
Tratase dunha serie de anuncios, por cada click que
fagades nestes anuncios donaran
unha pequena cantidade de diñeiro para a festa
Bo
nadal
22-12-08
Dende a paxina web de Rabal queremos desexarvos
unhas felices festas
Videos da festa do San
Andrés
12-12-08
Festa
do San Andrés
30-11-08
O sábado pola noite tivo lugar a
tradicional chocolatada de
San Andrés na praza do mesmo nome, xa podedes disfrutar das
mellores fotos
dunha noite moi larga.
Ademais hai dúas novas fotos antigas
subidas
Video
de Rabal 23-11-08
Novidades
na paxina de Rabal
17-11-08
Hai novas modificacións na paxina, a
primeira e a sección multimedia
, nela englóbanse
as fotos antigas, as fotos da festa, vídeos, fotos de
paisaxes de Rabal e fondos de pantalla, a segunda son as novas fotos
subidas na sección de fotos antigas
e a terceira e a
actualización da historia de Rabal na sección da época romana
coa información do asentamento
romano de " A Cortiña"
Video
de Rabal 10-09-08
O
premio "Taburiente de prata" outorgado a Rabal web
27-10-08
A paxina "Premios Taburiente" outorga a nosa
paxina o "Taburiente de
prata" polo seu deseño e carácter informativo,
dende Rabal web estamos moi orgullosos deste premio e
desexámolo compartir con todos os rabalexos
O
premio Xesús Taboada Chivite outorgado a "Ouvir o galo
cantar dúas veces" 20-10-08
O titulo deste libro da antropóloga
Paula
Godinho foi inspirado por una conversa mantida cun veciño de
Rabal que lle dixo:’¿Sabes por que os raiotos
somos tan
malos, porque oímos cantar o galo dúas veces xa
que o
galo canta unha hora máis pronto no lado galego, pero
despois de
oír o portugués.
Temos que recordar que Paula Godinho e unha antropologa moi interesada
coa zona da raia galaico-portugesa que xa nun dos seus traballos falou
da nosa paxina web e estamos traballando para crear na zona de arquivos
unha seccion cos traballos desta antropologa que de un xeito ou doutro
falen da aldea de Rabal
Rematan
as obras da estación de alerta do rio Tamega
18-10-08
Xa fai uns dias que a estación
automática de
alerta esta en pleno funcionamento como se pode observar nas fotos.
A
nova instalación analiza dun modo continuado e en
tempo real unha serie de parámetros fundamentais
representativos da calidade das augas. Os datos alí
recollidos son enviados vía satélite ao Centro de
Control da Conca , que está situado na cidade de Valladolid.
Alí son xestionados e validados por persoal especializado.
Isto, segundo a propia Confederación, permite detectar en
tempo real calquera incidencia que teña relación
coa calidade das augas e que se deba a calquera caso de
contaminación por verteduras, por baixos caudais
circundantes ou por outras causas.
Novas
fotos antiguas 10-10-08
Xa podedes disfrutar de 6 novas fotos
na sección
de "Fotos Antigas", encóntranse na segunda paxina desta
sección. Espero que disfruten delas e encontren recordos
escondidos na memoria
Novidades na paxina de
Rabal
08-10-08
Hai novidades na paxina, para empezar dicirvos
que as FOTOS DA FESTA xa están subidas e o seu enlace
encontrase xusto debaixo de "Rabal na historia".
A
segunda novidade e que se
creou un arquivo para poder consultar as noticias antigas, ver
documentos sobre Rabal no seu estado orixinal e baixarse fondos de
pantalla para o escritorio
Video
do trial 2008 10-09-08
Video do salto do Luis ondo río
Festa
en Rabal 01-09-08
Este fin de semana foi a
festa grande de Rabal, como non na honra a virxen das flores. Dentro de
pouco subiremos a web as mellores fotos da festa, de mentras xa podedes
ver os carteis
que anunciaron por todo o val a festa de Rabal
Incendio
en Rabal 22-08-08
Esta semana houbo un incendio
en Rabal, mais concretamente no Colmear
entre Rabal e Mandin, pero grazas os bombeiros foi apagado rapidamente,
para a extinción do incendio fixeron falta: 3
camións motobombas, 5 cuadrillas e 2 helicópteros
Novidades na paxina de
Rabal
16-08-08
Hai novidades na paxina, a primeira é
que xa esta en
funcionamento a nova sección con fotos antigas de
Rabal,aínda que por agora son poucas as fotos das que
dispomos esperamos que pouco a pouco vaian aumentando e niso
traballamos, por outra banda a paxina ten unha nova
dirección: WWW.RABALEXO.ES
inda que se poderá seguir utilizando a actual
Empezan
as obras da estación de alerta do rio Tamega con
polémica 18-07-08
Este xoves empezaron as obras da
estación de alerta sobre
contaminacion que a confederación hidrográfica
ordenara.
As obras xa xeneraron polémica e discusións entre
os veciños o considerar que esta moi cerca da antiga
estación de control do cauce e que ante unha posible riada
puidesen facer de presa, así mesmo os veciños
tamén mostraron o seu rexeitamento a que sexa a propia
confederación hidrográfica a que este a encher o
rio de formigón como se pode observar nas fotos
Necesitamos
fotos de Rabal 08-07-08
Estamos creando unha nova
sección con fotos antigas,
calquera que queira colaborar pódenos enviar as fotos a o
noso e-mail
.
Limpian
a beira da parte esquerda do Tamega 25-06-08
Toda a beira esquerda do rio despois
da ponte quedou limpia esta semana gracias aos traballadores da
diputacion. Agora quedou ali un bonito paseo para disfrute de todos nos
Novo
video de Rabalweb 10-06-08
Video da presa do muiño
A
Confederacion Hidrografica do Douro ten previsto limpiar o
regueiro 9-06-08
Nas actuacions de consevacion e
mantemento de cauces que vai a facer a Confederacion Hidrografica do
Douro esta prevista a limpeza do regueiro (Rio Ponton) como xa anuncia
un cartel ali instalado
Unha estacion de alerta
para
controlar as augas do rio Tamega sera ubicada en Rabal
4-06-08
A Confederacion Hidrografica do Douro anuncia a
construccion dunha nova estacion automatica de alerta no transcurso do
Tamega polas terras de Rabal.
Os
custos desta obra ascenden a 450.000 € e os datos que recolla
seran enviados via satelite o centro de control da conca do Douro,
estos datos permitiran detectar en tempo real calquera incidencia na
calidade das augas ou no seu caudal
Nova
paxina web de Rabal 31-05-08
A dia 31 de maio do 2008
volve Rabal a os mares de Internet totalmente
modificada